Seleccionar página
O auditorio proxecta PAPICHA, SOÑOS DE LIBERDADE

UsuarioNOS

20 de enero de 2021

Dentro do espacio de Cine Club, o auditorio proxecta o sábado 23 de xaneiro, ás 19:30 horas o filme Papicha.

Alxeria, anos 90. Nedjma é unha estudante universitaria que tenta que os acontecementos da guerra civil que comezan a ocorrer ao seu redor non lle impidan vivir unha vida normal, saír pola noite coa súa mellor amiga Wassila e vender vestidos feitos por ela nos baños das discotecas. Mentres a sociedade se volve máis conservadora, ela decide loitar pola súa liberdade e independencia organizando coas súas mellores amigas un desfile de moda na Universidade que desafía todas as normas establecidas.

Pódense reservar as entradas no seguinte enlace.